viernes, 1 de marzo de 2013

aparellos con enerxía


BOMBA DE AUGA, BOCINA ROBÓTICA E 

COCHE DE AIRE

O xoves 28 de febreiro o alumnado de sexto de primaria fixeron un obradoiro de construción de aparellos que funcionaran con diferentes  enerxías: auga, pilas e aire. Foi do máis entretido e aprenderon algo máis da temática traballada este curso por todo o centro “a enerxía”.
Empezaron por  ler ben as instrucións antes de poñerse a construír e logo …
Mar e Izan fixeron a “bucina robótica” que constaba de cono, pito, tapa, chasis, caixa de engrenaxe, motor, porta pilas, interruptor e conectores.  E seguiron esta orde: colocaron a bucina no cono de plástico,  a tapa por encima do pito, o cono dereito no chasis, o motor na caixa de engrenaxes ata encaixalo, as engrenaxes no chasis, os conectores ao chasis, os cables aos conectores, as pilas e empuxaron o interruptor á dereita para arrancar. E xa tiñan un coche que andaba con pilas e ademais este tocaba a bucina.
Nina, Elías e Denis fixeron o coche propulsado por aire. Igual que os compañeiros leron primeiro as instrucións e logo empezaron a colocar as pezas que son: Chasis con rodas, soporte de plástico, conduto de aire, ala de plástico, boquilla, tubo longo de plástico, globo e bomba de inflado. Fixan o soporte de plástico no chasis, colocan o conduto de aire no burato do soporte de plástico, conectan un extremo da boquilla no tubo longo,conectan a bomba, instalan o globo … Cando rematan danlle aire ao globo coa bomba e cando soltan esta o globo empeza a soltar aire e como reacción o coche sae disparado.
Alexis, Paula e Dael montan a “bomba de auga” a base de moitos boquillas, tubos, bases flotantes,… e acaban poñendo o aparello montado nunha superficie con auga. Fan a acción de bombear para extraer auga e logo bombeala fora do surtidor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario