viernes, 1 de marzo de 2013

aparellos con enerxía


BOMBA DE AUGA, BOCINA ROBÓTICA E 

COCHE DE AIRE

O xoves 28 de febreiro o alumnado de sexto de primaria fixeron un obradoiro de construción de aparellos que funcionaran con diferentes  enerxías: auga, pilas e aire. Foi do máis entretido e aprenderon algo máis da temática traballada este curso por todo o centro “a enerxía”.
Empezaron por  ler ben as instrucións antes de poñerse a construír e logo …
Mar e Izan fixeron a “bucina robótica” que constaba de cono, pito, tapa, chasis, caixa de engrenaxe, motor, porta pilas, interruptor e conectores.  E seguiron esta orde: colocaron a bucina no cono de plástico,  a tapa por encima do pito, o cono dereito no chasis, o motor na caixa de engrenaxes ata encaixalo, as engrenaxes no chasis, os conectores ao chasis, os cables aos conectores, as pilas e empuxaron o interruptor á dereita para arrancar. E xa tiñan un coche que andaba con pilas e ademais este tocaba a bucina.
Nina, Elías e Denis fixeron o coche propulsado por aire. Igual que os compañeiros leron primeiro as instrucións e logo empezaron a colocar as pezas que son: Chasis con rodas, soporte de plástico, conduto de aire, ala de plástico, boquilla, tubo longo de plástico, globo e bomba de inflado. Fixan o soporte de plástico no chasis, colocan o conduto de aire no burato do soporte de plástico, conectan un extremo da boquilla no tubo longo,conectan a bomba, instalan o globo … Cando rematan danlle aire ao globo coa bomba e cando soltan esta o globo empeza a soltar aire e como reacción o coche sae disparado.
Alexis, Paula e Dael montan a “bomba de auga” a base de moitos boquillas, tubos, bases flotantes,… e acaban poñendo o aparello montado nunha superficie con auga. Fan a acción de bombear para extraer auga e logo bombeala fora do surtidor.



EXPERIMENTAMOS COA ENERXÍA
Un grupo de alumnado de sexto pasou unha tarde moi entretida aprendendo conceptos básicos sobre a enerxía. Despois de dicir o que sabían sobre que era a enerxía, que tipos de enerxía coñecían, foron saíndo ideas como que había enerxía mecánica, eléctrica, eólica, nuclear,… e que a enerxía mecánica se depende do movemento dos corpos chámase cinética  e se da posición que ocupa é a potencial.
Logo puxéronse mans á obra e a facer cinco experimentos para saber algo máis do seu comportamento e efectos:
1.     ¿Cómo inflúe á cor para reter a enerxía do Sol? Colocamos dous frascos con aire dentro,  tapada a súa boca con couchos que levan un termómetro que medirá a temperatura. Un vai ir envolto nunha cartolina negra e outro branca, tódalas demais variables deben ser iguais:termómetros coa mesma temperatura inicial, cartolinas do mesmo tamaño, as mesmas voltas,.. Deixámolos un tempo ao Sol e que ocorre? Pois a temperatura onde está a cor negra é de 28 graos e da branca de 23 graos. ¿Por qué aínda que recibiron a mesma enerxía do Sol, a temperatura alcanzado non é a mesma? Deberemos saber para entendelo ¿Por qué se ven as distintas cores? Recordar que se algo é negro é que non rebota nada  polo tanto recolle todo. Seguiremos profundando neste concepto.
2.       ¿Por qué a enerxía potencial depende da posición do obxecto? Para comprobar esta idea empregaremos cachos de plastilina grandes de distintas cores, e obxectos de distintas formas e peso que deixaremos caer de diferentes alturas, para ver a deformación que producen ao caer sobre a plastilina. Deixamos caer o mesmo obxecto desde dobre e tripe  altura, tamén probamos con outros pesos e sacamos conclusións. Canto máis alto sexa o lugar de onde cae máis profundo é o burato que fai na plastilina. Polo tanto a conclusión é a enerxía neste caso é debida á posición. ¿Cómo podemos mellorar a experiencia? Pois probando con máis pesos, alturas, formas, blandura,…
3.     ¿Cómo funcionan os pantanos? ¿Qué ten que ver coa enerxía potencial? Para esta experiencia empregaremos dúas cuncas de auga e un tubo ou macarrón. Unha cunca con auga incolora e outra con auga con colorante (azafrán/laranxa). A mesma cantidade de auga nas dúas cuncas (400 c.c. ) e unha máis alta ca outra. Enchemos o macarrón de auga e despois metémolo nas dúas cuncas. ¿Qué ocorre? Pasa toda a auga da cunca de arriba para a de abaixo, porque está á máis altura e polo tanto máis enerxía potencial.
4.     ¿Cómo se producen o vento e as brisas?  Necesitamos unha barra onde colgar unhas tiras de papel tipo serpes enroscadas, debaixo destas colocaremos un mecheiro con alcohol que dará chama e polo tanto calor, probaremos con tiras de distintas cores. Se o mecheiro está apagado a tira non se move, cando o acendemos a tira empeza a dar voltas e ascender ¿Por qué? Pois é que as moléculas de aire ao quentarse pesan menos e van deica arriba, empuxan a serpentina para arriba. Seguindo podemos deducir que o aire frío ven ocupar o sitio do quente e isto produce un circuíto de aire por convección , así é como se produce o vento, as brisas,…
5.     A auga quente ascende? Necesitamos  dúas probetas con tapón polo que se poida introducir un tubo.  Nunha irá auga fría e na outra auga quente, ser ferver e coloreada. Empezamos colocando a de auga fría encima da de quente unidas polo tubo. ¿Qué podemos observar? Ao principio o tubo vai collendo cor, e por último vemos que vai aparecendo auga de cor pola parte de enriba da probeta superior. Está pasando auga de abaixo para enriba. Que pasou?  Pois ocorre que aínda que a auga de abaixo teña menos enerxía potencial ao quentarse soben e vai aparecendo na probeta superior.