EXPERIMENTAMOS COA ENERXÍA
Un grupo de alumnado de sexto pasou unha tarde moi entretida aprendendo
conceptos básicos sobre a enerxía. Despois de dicir o que sabían sobre que era
a enerxía, que tipos de enerxía coñecían, foron saíndo ideas como que había
enerxía mecánica, eléctrica, eólica, nuclear,… e que a enerxía mecánica se
depende do movemento dos corpos chámase cinética e se da posición que ocupa é a potencial.
Logo puxéronse mans á obra e a facer cinco experimentos para saber algo
máis do seu comportamento e efectos:
1. ¿Cómo
inflúe á cor para reter a enerxía do Sol? Colocamos dous frascos con aire dentro, tapada a súa boca con couchos que levan un
termómetro que medirá a temperatura. Un vai ir envolto nunha cartolina negra e
outro branca, tódalas demais variables deben ser iguais:termómetros coa mesma
temperatura inicial, cartolinas do mesmo tamaño, as mesmas voltas,.. Deixámolos
un tempo ao Sol e que ocorre? Pois a temperatura onde está a cor negra é de 28
graos e da branca de 23 graos. ¿Por qué aínda que recibiron a mesma enerxía do
Sol, a temperatura alcanzado non é a mesma? Deberemos saber para entendelo ¿Por
qué se ven as distintas cores? Recordar que se algo é negro é que non rebota
nada polo tanto recolle todo. Seguiremos
profundando neste concepto.
2. ¿Por qué a enerxía potencial depende da
posición do obxecto? Para comprobar esta idea empregaremos cachos de
plastilina grandes de distintas cores, e obxectos de distintas formas e peso
que deixaremos caer de diferentes alturas, para ver a deformación que producen
ao caer sobre a plastilina. Deixamos caer o mesmo obxecto desde dobre e
tripe altura, tamén probamos con outros
pesos e sacamos conclusións. Canto máis alto sexa o lugar de onde cae máis
profundo é o burato que fai na plastilina. Polo tanto a conclusión é a enerxía
neste caso é debida á posición. ¿Cómo podemos mellorar a experiencia? Pois
probando con máis pesos, alturas, formas, blandura,…
3. ¿Cómo funcionan os
pantanos? ¿Qué ten que ver coa enerxía potencial? Para esta experiencia
empregaremos dúas cuncas de auga e un tubo ou macarrón. Unha cunca con auga
incolora e outra con auga con colorante (azafrán/laranxa). A mesma cantidade de
auga nas dúas cuncas (400 c.c. ) e unha máis alta ca outra. Enchemos o macarrón
de auga e despois metémolo nas dúas cuncas. ¿Qué ocorre? Pasa toda a auga da
cunca de arriba para a de abaixo, porque está á máis altura e polo tanto máis
enerxía potencial.
4. ¿Cómo
se producen o vento e as brisas? Necesitamos unha barra onde colgar unhas tiras
de papel tipo serpes enroscadas, debaixo destas colocaremos un mecheiro con
alcohol que dará chama e polo tanto calor, probaremos con tiras de distintas
cores. Se o mecheiro está apagado a tira non se move, cando o acendemos a tira
empeza a dar voltas e ascender ¿Por qué? Pois é que as moléculas de aire ao
quentarse pesan menos e van deica arriba, empuxan a serpentina para arriba.
Seguindo podemos deducir que o aire frío ven ocupar o sitio do quente e isto produce
un circuíto de aire por convección , así é como se produce o vento, as brisas,…
5. A
auga quente ascende?
Necesitamos dúas probetas con tapón polo
que se poida introducir un tubo. Nunha
irá auga fría e na outra auga quente, ser ferver e coloreada. Empezamos
colocando a de auga fría encima da de quente unidas polo tubo. ¿Qué podemos
observar? Ao principio o tubo vai collendo cor, e por último vemos que vai
aparecendo auga de cor pola parte de enriba da probeta superior. Está pasando
auga de abaixo para enriba. Que pasou?
Pois ocorre que aínda que a auga de abaixo teña menos enerxía potencial
ao quentarse soben e vai aparecendo na probeta superior.